Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 12/05/23
12/05/2023
09:55
Continúan publicándose audios comprometedores contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Desta vez as últimas grabacións publicadas polo diario La Región apuntarían a un presunto cobro de comisións ós seus asesores e manexo de diñeiro negro. Unha situación que os seus ex-compañeiros de Democracia Ourensana levarán de novo á UDEF para reabrir as causas que presentaran no 2020 contra o rexedor por este mesmo motivo.
E respecto ó caso Baltar, o PSdG estuda persoarse como acusación popular no proceso penal contra o presidente da Deputación de Ourense.