Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 12/07/23 12/07/2023 26:43

As forzas de seguridade investigan o sucedido esta mañá no lugar de Recimil, en Lugo, onde un turismo foi arroiado por un tren nun paso a nivel sen barreiras. O coche quedou incrustado baixo a cabeza tractora e foi arrastrado un treito. O resultado, un mozo de 21 anos falecido e os outros dous ocupantes feridos graves.
Os tres eran traballadores dunha empresa que traballaba na construción dunha subestación preto do lugar, pero non traballaban nas vías. NOn houbo que lamentar feridos entre os pasaxeiros do convoio.
 

Galicia Informativos
Más opciones