Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 12/08/21 12/08/2021 30:10

A Xunta nunca chegou a pedir autorización xudicial para facer obrigatorio o certificado de vacinación se os cidadáns querían acceder ó interior dos locais.
O Tribunal Superior de xustiza cualifica de anómalo este comportamento que induciu a confusión. A realidade, sinalan nun auto, é que esta orde nunca estivo en vigor. O sector recibe a noticia con satisfación. Os socialistas falan de chapuza.

A CIG denuncia a saturación da atención primaria da provincia de Pontevedra. Falta persoal, e tamén organización nos centros de saúde. Na área olívica os tempos de espera poden supera incluso o mes.

Galicia ten a taxa de actividade xuvenil máis baixa de toda España. Así o denuncia UXT que sinala á alta taxa de paro, á elevada temporalidade e os baixos salarios como causa. Os máis formados só ven a emigración como saída.

Os pescadores deportivos claman contra a primeira regulación desta práctica en Galicia. A nova norma autoriza unha praxe ata o de agora prohibida pero tolerada. Pero só en 28 portos. NO resto, só nalgunhas zonas, que nalgún caso nin sequera teñen acceso á auga.

Galicia Informativos
Más opciones