Galicia quedará a partir de mañá conectada con Alicante a través dunha liña directa de Alta Velocidade.
Os usuarios temen que esta nova conexión xere problemas para atopar billetes que conecten con Madrid
o BNG propón modificar a lei de costas e a de cambio climático para protexer as empresas do sector mar-industria.
A portavoz nacinal, Ana Ponton, que se reuniu co presidente de Anfaco, Juan Manuel Vieites, anunciou que van presentar dous proxectos lexislativos para non poñer en perigo a actividade das depuradoras.
A Xunta leva a Bruxelas a súa queixa polo tratamento do lobo por parte do goberno central.
Consideran excesivo o proteccionismo a esta especie, e así llo expuxo hoxe ó comisario europeo de Medio Ambiente.
Expertos de todo o mundo buscan, dende hoxe, en Pontevedra, solucións ás pragas que afectan ás masas forestais.
Este mes haberá outro sobre o desenvolvemento de cultivos resistentes que permitan convatir os problemas derivados, por exemplo, do cambio climático.
No tempo, por diante unha tarde con aviso amarelo por choivas fortes no sur e suroeste da Coruña, Rías Baixas e zona do Miño en Pontevedra. Son as consecuencias de Daniela.