A ver se á cuarta vai a vencida. O Parlamento galego, por unanimidade, inicia de novo a tramitación dunha proposición de lei para pedir a transferencia da AP9 a Galicia. Como dicimos, houbo unanimidade pero non sen algunhas discrepancias. A líder da oposición acusa ós outros grupos da Cámara galega, PP e PSdeG, de ser cómplices a favor de Audasa, que xestiona a AP9. Pontón lembroulles que gobernos nacionais de ambas formacións apoiaron as ampliacións da concesión
- Incautadas outras dúas toneladas de cocaínda.
O barco coa drogafoi trasladado ó porto de Vigo e detidos os seus catro tripulantes.
- O BNG rexeita reunirse có PP para falar da investidura de Núñez Feijoo.
O deputado nacionalista Néstor Rego estima que a reunión ten un claro interés partidista porque a investidura está condenada ó fracaso.
- Non rematou o verán e Vigo xa comezou a instalación dos adornos do nadal.
A noria e as atraccións manteranse pero o alcalde non explica cal será a sua ubicación tralas queixas do veciños da Alameda polos ruidos.
- Santiago convértese desde mañá e ata o domingo na capital da música alternativa e de vangarda.
O "Wos Féstival" trae durante catro días preto de trinta concertos e espectáculos de arte sonora, a cargo de artistas procedentes de 15 países