xornada festiva na que o presidente do goberno galego está en Madrid, participa arestora na recepción dos reis tralos actos institucionais do Día Nacional. Logo iniciará unha viaxe por Arxentina e Uruguai
Mentres en Galicia enquístase o conflicto do siderometal na provincia de Ourense. Seguen sen achegar posturas a patronal e os sindicatos. E o sector pesqueiro segue sufrindo as consecuencias dun veto á pesca de fondo que os especialistas consultados por RTVE ven como unha seria ameaza pra nosa economía. O sector representa o 5% do PIB galego...
- A central das Pontes reforzase con persoal e carbón pra retoma-la actividade
Avanzan os traballos de reparación dos dous grupos que deben estar operativos, e agárdase a chegada dun barco con mineral pra reactiva-la central en canto sexa preciso.
- Os hoteis de Vigo xa estan completos pra fin de semana de acendido do alumeado de nadal
Moitos non teñen vacantes en sábado ou domingo ata que rematen as festas. O sector agarda un importante retorno económico
- Denuncian retrasos de meses pra realizar TACs no hospital da Coruña
Un problema que dificulta o seguemento e as decisións sobre o tratamento dos doentes oncolóxicos. A comisión de centro pide ós afectados que reclamen.
- A seca provoca unha caída na produción de mazás na comarca da Estrada
Inflúe tamén o ciclo natural da froita. Agárdase recoller a metade que o ano pasado, uns cincocentos mil quilos de mazá ecolóxica