Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 12/11/22 12/11/2022 29:15

Os actos polo vixésimo aniversario do accidente do Prestige centran boa parte da actualidade esta fin de semana. O BNG estivo este mediodía en Camariñas. Mañá será a quenda do acto institucional, coa portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

Tamén se cumpren 20 anos da condena a ENCE por delito ecolóxico. Unha sentenza que a Asociación en Defensa da Ría celebra hoxe en Pontevedra.

No tempo da entrevista imos falar con Ofelia Rey, catedrática da Universidade de Santiago que vén de recibir o Premio Nacional de Historia de España

Galicia Informativos
Más opciones