Galicia Informativos
125 da morte de Rosalía de Castro
16/07/2010
11:10
125 aniversario da morte de Rosalía de Castro
Achegámonos a Rosalía de Castro cando se cumpren 125 anos da morte da nosa poeta galega máis universal. Facémolo coa axuda de persoas coñecedoras da figura e da obra da autora de "Cantares Gallegos". A escritora Mercedes Castro,o cantante Amancio Prada, o profesor Francisco Rodríguez e os poetas Xosé Luis Méndez Ferrín e Yolanda Castaño falaron con Victor Alvariño sobre Rosalía de Castro, considerada a fundadora da literatura galega moderna(Crónica de Galicia)