O ex militante socialista, Juan Díaz Villoslada, que fora candidato á secretaría xeral do partido fronte a Gonzalo Caballero, incorpórase ás filas de Sumar. Só uns días despois de darse de baixa no PSOE, anúnciase a súa integración na promotora da formación liderada por Yolanda Díaz.
Villoslada participará xa este sábado na Coruña na presentación do proxecto de Sumar en Galicia. Asegura que xa levaba tempo xestando a súa separación do PSOE e que a inminencia dunhas eleccións autonómicas, non permitía demorar máis tempo a decisión. Quere contribuír a un espazo onde prime o servizo público, a ética e a coherencia. Cre que Sumar representa todo isto e apunta que é un proxecto de longo percorrido. Porá ó servizo da promotora a súa experiencia en xestión e en Mobilidade.