Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/01/22 13/01/2022 45:00

O estaleiro Barreras rexistrou esta mañá no xulgado do mercantil de Vigo a solicitude de concurso voluntario. Na documentación presentada pídese que se venda a unidade produtiva, instalacións, maquinaria e concesión portuaria, antes de proceder á súa liquidación.

Reunión en Santiago entre os traballadores de Alu Ibérica, a Xunta e o administrador concursal. O Comité de Empresa cren que a prioridade é reactivar a actividade na factoría.
O próximo martes haberá unha reunión co Ministerio.


Inauguración oficial da dragaxe da ría do Burgo sen acordo para indemnizar ós mariscadores. Os traballos empezarán en dez días. A ministra de Transicion ecoloxica anunciou a máxima disposición do goberno a alcanzar un acordo coa Xunta e o colectivo afectado.


Morre en Asturias un veciño de Meis nun accidente de montaña. Trátase, Izan Garrido Núñeñz, un mozo de 20 anos que estaba realizando unha ruta de montañismo con outros amigos en Somiedo.


O tempo. Despois dunha noite moi fría temos un día solleiro.. Vexamos cal é a previsión para as vindeiras horas

Galicia Informativos
Más opciones