Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/02/22 13/02/2022 30:05

Saudos, moi boas tardes...

Os premios Goya deixan bo sabor de boca. Catro estatuiñas veñen para Galicia da man do actor Chechu Salgado, a compositora Zeltia Montes, e os directores Xosé Zapata e Chelo Loureiro. Tendo en conta que había 7 nominados galegos a estatística é de máis dun 50 por cento de éxito.

Pontevedra acolleu este mediodía unha das concentracións organizadas en varias cidades españolas en contra da reforma da coñecida como Lei Mordaza, que cualifican de insuficiente.

A pandemia segue a evolución positiva ainda que este domingo cunha lixeira repunta da presión hospitalaria.

No tempo da entrevista o convidado é o conselleiro de Sanidade. Na semana na que se quitou a máscara en exteriores, Julio García Comesaña avanza que ainda queda moito ata que se faga o mesmo nos interiores.
 

Galicia Informativos
Más opciones