Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 13/02/23
13/02/2023
44:49
Hai 12 meses un pesqueiro galego loitaba co mal tempo en Terranova. Afundiría dentro de dous días, levando por diante 21 vidas. 21 víctimas moi presentes durante todos estes meses, pero especialmente esta semana, na lembranza dos que os sobreviviron e das institucións. HOxe tamén miran cara ós que foron aquel día unha luz de esperanza, os tripulantes do Praia Menduiña, que acudiron ó seu rescate e conseguiron traer de volta a tres dos mariñeiros. Lembranza tamén pras condicións do barco e a tripulación naqueles días, dende a asociación española da mariña civil, que lembra que a seguridade neses caladoiros é unha materia pendente.