O sector do transporte en Galicia dividido ante a folga indefinida convocada para mañá luns pola suba dos combustibles.
- O foco político está hoxe na Illa da Palma, onde Alberto Núñez Feijoo acude á conferencia de presidentes días despois de ser confirmado como candidato único para liderar o PP.
- Cando se van cumplir dous anos da declaración do estado de alarma, a Consellería de SAnidade anuncia que ofrecerá o seu balance habitual de datos de luns a sábado.
-A ausencia de pediatras e matronas na Costa da Morte provocou un novo acto de protesta etea mañá, neste caso ante o Centro de Saúde de Cee.
E neste informativo conversaremos con Alberto Varela, presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía. Con el falamos sobre a situación política en Galicia, a do PsdG, e tamén, sobre a organización de axuda a Ucraína