O comité clínico analiza esta tarde un posible retraso do toque de queda, ate as 11 da noite. Non se agardan novidades pra hostalaría.
O conselleiro pide máis tempo pra avalia-las consecuencias da semana santa, e avanzar coas vacinas. Agardan pecha-la semana co 29% da poboación diana xa inoculada.
Díxoo no parlamento, que hoxe acordou por unanimidade facer unha reforma da lei para que se considere violencia machista a vicaria, é dicir, a exercida a través dos fillos.
Non houbo acordo na petición do BNG para que o Parlamento investigue a caixa "B" do PP en Galicia. Foi rexeitada pola maioría do Grupo Popular
A Federación "Vellez e Dignidade" recorre o sobresemento provisional das querelas presentadas contra a residencia Domus VI de Cangas.
Os traballadores das verbenas e as orquestras, unhas 3 mil persoas, esixen á Xunta a convocatoria das axudas comprometidas no mes de xaneiro.
As mariscadoras galegas opóñense ó cambio no regulamento que as obrigaría a comunicar as capturas diarias a través dun teléfono móbil.
No tempo hoxe volveron as chuvas, especialmetne no sur de Galicia