Galicia Informativos   Crónica Galicia .- 13/05/2021 13/05/2021 49:40

 Volven a baixar os contaxios e hospitalizados. Hai 1 millón 28 mil galegos con polo menos unha dose. Persoas que deben manter a precaución porque poden transmitir a enfermidade sen sabelo.

Tampouco hai que baixar a garda no eido laboral. O concello de Cangas entra mañá en nivel alto despois de sumar ata 50 casos nunha semana. Un gromo estendido na conserveira Lago Paganini.

Galicia ten tres grandes zonas potenciais pra instalación de parques de enerxía eólica mariña. Son as da Mariña-Xove, Punta Langosteira e Val Miñor-Atios, segundo un estudo de ASIME.

Santiago celebra entre hoxe e o domingo as Festas da Ascensión. A medias, pero con actividades e concertos, sempre con aforos limitados.

Galicia Informativos
Más opciones