Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/06/21 13/06/2021 30:09

O bo tempo da fin de semana trouxo tamén a aparción de incendios forestais dos que xa dabamos conta onte. Esta madrugada declarouse o peor en Salvaterra de Miño, e mesmo saltou a Mondariz. Leva queimadas 180 hectáreas mentras segue ardendo o de Folgoso do Courel, con 105.

Polo demáis en Galicia tamén ten repercusión a manifestación en contra dos indultos aos independentistas cataláns a conta do acto que celebraron en Santiago este mediodía a portavoz do BNG, Ana Pontón, e o deputado de Esquerra, Gabriel Rufián.

No tempo da entrevista de hoxe o convidado é o presidente da Federación Nacional de Confrarías. Basilio Otero non entende o recurso do Ministerio de Transición Ecolóxica ó plan de marisqueo e comparte coa Xunta que estamos ante unha invasión de competencias.

Galicia Informativos
Más opciones