Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/06/22 13/06/2022 44:56

Sanidade nega que haxa colapso na sanidade como denuncian os socialistas.
E o conselleiro García Comesaña engade que non do se arranxa por máis orzamento porque agora non hai profesionais ós que contratar.


Posible marcha atrás da Organización Mundial do Comercio na súa decisión de prohibi-las subvencións ó combustible dos barcos. O texto inicial foi revisado pra permitir mantelas sempre que se trate de poboacións non sobreexplotadas, coma as reguladas pola NAFO. Outras, como Malvinas, quedarían sen elas

Os preto de 10 mil teleopperadores de Galicia volven a estar chamados a unha xornada de folga. O convenio leva 2 anos bloqueado. Denuncia precariedade laboral e económica, e abuso dos contratos a tempo parcial

A FP galega terá o vindeiro curso un 20 por cento máis de ciclos e tamén aumentarán as prazas ofertadas. Serán 37 mil, un 25 por cento máis entre as modalidades de ciclos ordinarios, réxime de persoas adultas, a distancia ou FP dual.

O tempo. hoxe con temperaturas máis altas... tamén no norte.

Galicia Informativos
Más opciones