Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/08/22 13/08/2022 30:05

Por primeira vez desde hai un mes nunha fin de semana, os grandes incendios forestais que castigan Galicia semellan dar un tregua... Con todo hai ainda cinco lumes sen extinguir pero as perspectivas son boas. O peor é o de Laza e Chandrexa de Queixa que leva queimadas 2.100 hectáreas pero que a Consellería de Medio Rural considera que evoluciona cara a súa estabilización.

Polo demáis nesta fin de semana, a máis festiva do ano, regresa trala pandemia, entre moitas outras, a Maruxaina. Increméntanse as medidas de seguridade para evitar sucesos como o ocorrido na última de 2019, na que se gravaron a mulleres ouriñando e esas imxes acabaron en páxinas webs pornográficas. As afectadas recoñecen que nada será como antes.
 

Galicia Informativos
Más opciones