Continúan as queixas pola falta de médicos.... agora na Mariña lucense.
Os usuarios do Centro de Saúde de Viveiro denuncian que estes días só teñen tres dos sete médicos de medicina xeral previstos, e só un pediatra.
Preocupación nos sectores mexilloeiro e marisqueiros polas perdas que está a ocasionar a persistencia da marea vermella.
O Itecmar espera comezar a abrir algunhas zonas para o marisqueo pero as bateas terán que agardar máis tempo.
Greenpeace critica o gasto que realizan as administracións en subvencionar
conexións aéreas que non son rendibles.
A organización ecoloxista di que non se xustiican nin desde o punto de vista económico nin ambiental. Cita os 10 millóns que o concello da Coruña gastou dende 2019.
A xenómica e a música, xuntos por vez primeira pra loitar contra a enfermidade.
Os asistentes a un concerto da Real Filharmonía vaiselles recoller unha mostra de saliva, antes e despois do evento, que permitirá indagar na reacción ó estimulo musical.
No tempo, segue a inestabilidade e hai aviso amarelo por fenómenos costeiros nas Rías Baixas e na zona do Miño en Pontevedra.