Debate sobre o estado da autonomía no parlamento galego, coa intervención esta mañá do presidente da Xunta, que puideron escoitar integramente en Radio 5. Arrincou cun minuto de silencio en recordo do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. No seu recordo, Alberto Núñez Feijóo adiantou que os orzamentos estarán listos en tempo e forma, e que traerán novidades en materia de impostos e unha aposta polo tecido industrial... A oposición considera que Núñez Feijóo actuou máis como presidente do Partido Popular que como presidente da Xunta.
Comeza en Santiago unha nova reunión para abordalo futuro da fábrica de VESTAS.
A Audiencia Nacional constata irregularidades económicas na xestión de Alú Ibérica.
A suba da electricidad complica a actividade das depuradoras e cetáreas de marisco de Galicia
O Concello de Pontevedra reabrirá o recinto feiral como zona de botellón.