A Fiscalía pide a Medio Rural información dos operativos de extinción dos grandes incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo.
Abre dilixencias a raiz dunha denuncia da plataforma 'Por un Monte galego con Futuro', que acusa á Xunta de ser responsable, por inacción, do alcance do desastre ambiental.
O Consello da Xunta vén de aprobar o proxecto de lei de medidas urxentes pra reducir a temporalidade na Administrción.
Hoxe presidiu a reunión semanal do executivo o titular de Economía, Francisco Conde, xa que Alfonso Rueda está de viaxe en Arxentina e Uruguai.
O PSdeG pon deberes á Xunta á hora de repartir os fondos que vai recibir do fondo de financiamento autonómico.
O secretario xeral socialistas cre que eses cartos debe servir para facer fronte a crise na atención privada e revalorizar as pensións non contributivas.
A economía galega alónxase do nivel de crecemento da media.
Segundo a análise que fai o foro económico, o crecemento de Galicia está dous puntos por debaixo da media.
O tempo. hoxe cuberto no norte e máis aberto no sur. A próxima noite poden regresar as chuvias desde o Oeste.