Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/10/23 13/10/2023 30:09

Soterrados na Coruña a muller e os tres fillos que morreron no incendio dun edificio este mércores en Vigo. Seis dos feridos continúan hospitalizados; catro na UCI, un deles en estado crítico

O Bombeiros dos parques comarcais de Galicia endurecen as súas protestas. Farán efectiva a folga indefinida, convocan varios días de concentracións e non descartan unha folga de fame.

A Xunta lamenta que o goberno central non abrira unha negociación antes de presentar o recurso contra a lei do litoral. A conselleira Medio Ambiente pide coñecer os argumentos e o informe do Consello de Estado no que se apoio o goberno.

A Plataforma de Organizacións de Infancia advirte de que o sistema galego de protección de menores está saturado. Hai técnicos de menores que teñen que facer seguimento a 70 ou 80 expedientes, cando a ratio non debería supera-los 30.

O tempo. van continuar as chuvias baixada notable das temperaturas que aínda seguirán por riba dos 20 graos.

Galicia Informativos
Más opciones