Domingo, 13 de novembro. Nun día coma hoxe de hai 20 anos o Prestige iniciaba o seu tráxico periplo polas costas galegas. Era o inicio dunha Marea Negra destinada a escribir moitas páxinas da historia de Galicia.
E hoxe, dúas décadas despois, acto de lembranza e homenaxe ós voluntarios en Camariñas, coa participación da portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.
Seguen vixentes tamén as reclamacións de Nunca Máis, que este mediodía volvía pedir que se baixe ó pecio para comprobar o seu estado. Alí aínda se almacenan máis de mil toneladas de fuel.
Contra as dúas menos vinte imos lembrar, a través dunha ampla reportaxe, o accidente e os primeiros días da catástrofe.
Polo demais, estamos pendentes do inicio esta próxima medianoite da folga de transportistas, que a Galicia chega co sector dividido