Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/11/23 13/11/2023 44:27

O goberno galego presentou hoxe a nova sociedade mixta de xestión de recursos naturais. É un dos fitos máis importantes da lei de recursos naturais, aínda en tramitación, que busca, segundo a Xunta, que os beneficios de empregar os nosos recursos naturais queden no territorio.

Porén, o sindicato CIG cre que o proxecto de lei, que conta cun informe crítico do consello económico e social, non cumpre con eses obxectivos. De feito, acusan ó goberno galego de usalo para favorecer aínda máis ás empresas enerxéticas.

Galicia Informativos
Más opciones