Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 13/12/21 13/12/2021 45:05

Os sindicatos piden que se incrementen os recursos para a sanidade pública.
Cadrando coa tramitación dos orzamentos, esta mañá manifestáronse diante do Parlamento para pedir que se manteñan os contratos realizados para facer fronte á pandemia.

A CIGA rexeita o paro convocado pola patronal do transporte.
Considera que non hai nada nas demandas dos empresaros que teñan que ver cos dereitos dos traballadores e que responde a unha loita polo mercado do transporte por estrada.

Os tres acusados de transportar ata Galicia nun submarino tres toneladas de cocaína, recoñecen a súa participación nos feitos.
É un galego e dous ecuatorianos. Levan no cárcere desde 2019. O xuizo comezou hoxe na Audiencia provincial de Pontevedra.

Comenzou a campaña da vieira.
Os primeiros barcos confirman as boas previsións, hai moita cantidade e de bo tamaño.

O tempo. Mantense a influencia do anticiclón. A pouco máis dunha semana para o comezo do inverno as temperaturas máximas aínda rondan os 18 graos.

Galicia Informativos
Más opciones