O delegado do Goberno tilda de "ruído" a queixa da Xunta polo reparto dunhas partidas europeas por parte do executivo estatal. Miñones di que Feijoo debería centrarse en xestiona-la enorme cantidade de recursos que lle está transferindo o goberno de Pedro Sánchez.
As Comunidades de Montes promove unha Iniciativa Lexislativa popular para a aprobación dunha lei de montes veciñais. Con esta proposta pretende contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido popular que, aseguran, promove a súa privtización.
Stop accidentes alerta do perigo que suón mal estado da A-6 entre ACoruña-Lugo. Din que o estado do asfalto é pésimo, especialmente no carril dereito polo que transitan máis camiones.
Ningún sindicato apoiará a convocatoria da oferta de emprego público da Xunta en Educación. Denuncia que esta mañá, na mesa sectorial, a consellaría se limitou a presentarlles a proposta sen dar lugar á negociación.
O tempo solleiro, pero con temperaturas baixas polas noites.