Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/02/22 14/02/2022 44:56

Hoxe queda en mans do xurado a decisión sobre o asasinato de Desirée Leal, unha cativa de 7 anos falecida hai tres anos en Muimenta. Tralas declaracións de forenses e testigos, as acusacións e a fiscalía teñen claro que a versión da intoxicación accidental quedou desbotada. Ven unha actuación deliberada e premeditada por parte da nai, que podería ser condenada a prisión permanente revisable. A defensa insiste no delirio, en que non era consciente do que facía, e pide a absolución.

No sanitario, forte baixada nesta xornada dos casos activos de coronavirus. O rexistro cae en máis de 3.500 casos e sitúase en niveis previos ó anovello. E caen tamén os novos casos detectados, mentres os hospitais acusan a falta de altas das fins de semana.

Galicia Informativos
Más opciones