Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 14/02/23
14/02/2023
45:19
O xuizo polo accidente do Alvia entra hoxe nunha nova fase. Da busca de responsables pasamos a escoitar as numerosas víctimas do accidente, que deixou 80 falecidos e 145 supervivintes. A fiscalía pide 57 millóns en danos que os afectados salientan que non teñen reparación posible. 522 testemuñas lembrarán nesta fase a forma na que aquel accidente lles mudou a vida por completo, física e mentalmente.