Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/04/21 14/04/2021 49:50

A incidencia da pandemia en Galicia mantense en niveles semellantes  ó final do verán. A Xunta anuncia que esta semana empezará a emitir os certificados de vacinación.

Núñez Feijóo rexeita calquera cambio sobre as competencias autonómicas nos impostos de sucesións e patrimonio.

O presidente da Federación de Municipios e Provincias, Abel Caballero, pensa que as comunidades autónomas son pouco recaudadoras e que haberá que alcanzar no futuro unha coherencia na fiscalidade.

O Concello de Pontevedra pide información á Xunta sobre un informe que acredita a presenza de mercurio no subsolo do complexo ENCE-ELNOSA

Colapso da sede electrónica da Xunta ante os milleiros de persoas que pretenden pedir o bono turístico. Foi imposible acceder ó sistema para inscribirse

O periodista  Manuel Rico gaña o Premio José Couso de Libertad de Prensa. O director de investigación do diario Infolibre vén de publicar un libro no que denuncia a dramática situación que se viviu na residencias de maiores durante a pandemia  do coronavirus.

O tempo. De novo, con temperaturas por riba dos 20 graos.

Galicia Informativos
Más opciones