Aínda se descoñecen as causas da caída de parte do viaducto do Castro na A-6.
Polo tanto tampouco hai data para a reapertura polo menos parcial da autovía. Mentres trabállase na mellora da nacional sexta.
Primeira reunión do presidente Alfonso Rueda con sindicatos e patronal. CCOO e UGT pedíronlle que se abra unha mesa de política social pra falar dos contratos públicos.
Varias accións dos xuices da Coruña e Vigo para demandar que se cambie o sistema de gardas. Piden que sexan de 24 horas e presenciais. Asegura que o cambio depende da Xunta.
O grupo chinés propietario da conserveira Albo traballa para concentrar toda a producción na fábrica de Salvaterra de Miño. A dirección de Albo xa chegou a un acordo para que os 135 traballadores de vigo se incorporen a Salvaterra e a semana que vén negociará cos da planta de Celeiro.
O tempo. todo igual sol e calor que remitirá lixeiramente no litoral atlántico.