Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/07/22 14/07/2022 25:07

Toda Galicia, agás a Mariña, está hoxe en algún nivel de alerta pola calor. A esta hora supéranse os 37 graos en varios puntos, e os termómetro seguirán subindo ata superar os 40ª en distintas zonas de Galicia. A falta de adaptación a estas temperaturas extremas provoca problemas nos centros de traballo. A extinción dos lumes faise máis complicada, van 150 hectáreas arrasadas no ribeiro ourensán, e comezan as restricións de auga. Seguimos en prealerta por seca, pero o mal uso das traídas baleira depósitos e xa hai concellos coa auga cortada ou con restricións.
 

Galicia Informativos
Más opciones