Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 14/07/23
14/07/2023
26:47
Despois de 20 anos de loita, a familia da moza Deborah Fernández abandona a batalla xudicial. Piden que o caso sexa sobreseído, esgotados ante a longa ristra de irregularidades ou neglixencias na investigación, que só conseguiu sinalar un sospeitoso ó bordo da prescripción. Deborah cumpría 22 anos ó día seguinte da súa desaparición. Apareceu días despois a kilómetros de distancia, sen roupa. Hai menos dun ano apareceron nunha comisaría en Madrid, traspapelados, varios obxectos e informes do caso que nunca foran enviados ó xulgado... nAtrás quedan agora as dúbdas sobre a investigación. Queda só a dor dunha familia que nunca atopará respostas, e se sente abandonada pola xustiza.