Como un "escandalo político" así cualifica o portavoz do goberno local de Vigo que Rueda cite a Abel Caballero na delegación da Xunta.
Carlos López font considera que a convocatoria demostra que Alfonso Rueda non ten intención de solventar os problemas de Vigo.
A alcaldesa de Ponteareas asegura que os servizos sanitarios no municipio están baixo mínimos para atender a unha poboación de 23 mil persoas.
Cristina Fernández pediulle ó conselleiro que visite o municipio para comprobar o caos e a precariedade que se vive no Centro de saúde.
Operación policial para desmantelar un grupo criminal dedicado ó roubo de arte sacro
Hai varios detidos en Pontevedra e Ourense. Requisáronse antigüedades e imaxes relixiosas, que foron trasladadas á comandancia da Garda Civil.
A factoría de Stellantis de Vigo insistirá ó goberno para conseguir unha liña de moi alta tensión para a fábrica de Balaídos.
Nunha resposta no Senado, o executivo reitera que non se construirá esa conexión porque non se dan os umbrais mínimos de consumo.
O tempo. Aínda van caer algúns chuvascos pero ó final do día xa se alonxará a borrasca que deixou fortes treboadas estes días.