A secretaria de Estado de Transportes agarda que na primavera estean operativos os trens Avril.
En Vigo, Isabel Pardo de Vera, tamén anunciou que o vindeiro ano haberá un novo desvío que mellorará o tráfico na A-6 en Pedrafita.
Galicia non estaba preparada para facer fronte a tempada alta de incendios deste pasado verán, segundo os bombeiros forestais.
Non se fixeran as tarefas de prevención e os equipos de extinción non tiñan os medios nin a formación adecuada para estes grandes incendios.
En Ferrol, as empresas auxiliares do naval pasaron de non ter traballo a non dar atendido a carga de traballo de Navantia.
O comité de empresa pública denuncia o abuso das horas extra. Considera que se pon en perigo a saúde dos traballadores.
Vilagarcía acolle esta tarde unha manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública
Denuncia A situación dramática da atención primaria na comarca con falta de médicos, peches de PACs, ou listas de agarda que superan os 15 días.
O tempo. Nubes e algún orballo na vertente atlántica... moi aberto no leste.