Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/11/22 14/11/2022 44:18

¿Como se atende un punto de atencón continuada senmédico? É unha pregunta que moitos enfermeros están a verse obrigados a responder, e ue non semella que vaia ser algo puntual. A xerencia da área sanitaria de Pontevedra o Salnés, apunta a reforzos con máis enfermeros e a unha formación específica de 3 horas sobre emerxencias pra este tipo de santiarios

Unha resposta á falta de facultativos coa que non concordan dende o sindicato de enfermería SATSE, que lembra que se loitou moito pra conseguir que os equipos deste tipo de centros conten con médico e enfermeiro.

E a piques de inicairse o pico de enfermidades respiratorias, o sergas non prevé reforzos, senón suspensión da actividade programada, se a presión asistencial se incrementa

- Normalidade en estradas portos e polígonos no primeiro día de convocatoria de paro do transporte

Non houbo incidencias nin piquetes reseñables nunha xornada cun forte dispositivo de vixilancia, e escaso seguemento do paro entre os transportistas galegos

- Satisfacción no sector pesqueiro e político pola presentación por parte do goberno do recurso contra o veto á pesca de fondo

Baséase en que a decisión da comisión se adoptou sen ter en conta a información científica dispoñible e que non tivo en conta que os artes fixos de fondo non interfiren cos ecosistemas mariños.

- 5.500 sinaturas polo indulto de Xesus ANxo Lopez Pintos

O ex secretario comarcal da CIG; condenado por agredir a un axente durante as protestas do naval de 2012, recibe o apoio de tódolos sindicatos galegos


- A cadena de conxelados Hiperxel está o borde do concurso de acreedores.

Máis de 300 empregados á espera da decisión que tome o seu principal proveedor, Iberconsa, que tería que participar con dous millóns de euros no plan de restructuración da débeda

Galicia Informativos
Más opciones