Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/12/22 14/12/2022 44:42

O Tribunal superior condena a Sanidade por vulnerar os dereitos dos médicos e pediatras de atención primaria. Considera probado que o SERGAS incumpre coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, en relación co exceso de carga de traballo.

A Xunta fai un chamamento a doazón de sangue pola caída das reservas. Os grupo sanguíneos que máis falla fan agora mesmo son o 0 positivo e o A positivo.

A confraría da illa de Arousa persoarase na demanda por un vertido de fuel. O patrón maior, Juan José Rial, sinala que hai afeccións nos bancos marisqueiros.
Só hai constancia de efectos na ría de Arousa.

Xa viaxan cara Granada os restos óseos extraídos no marco dunha investigación que trata de determina-la orixe de Colón. Na Facultade de Medicina extraerán material xenético para comparalo co obtido dos restos analizados do descubridor e de dous familiares.


O tempo. As chuvias limitaranse á metade sur... temperturas un pouco máis baixas.

Galicia Informativos
Más opciones