Neste domingo estamos moi pendentes da chegada da borrasca Fien que ameza con traer os rigores do inverno. Xa caeu algo de neve pero polo momento de pouca consideración.
En Santiago, esta foi unha fin de semana de normalidade, a primeira despois do reforzo policial nocturno tralos dous recentes acoitelamentos xeraran certa alarma na cidade.
Na tarde deste domingo, as oito, apáganse en Vigo as luces do Nadal. Bateuse récord de visitantes ainda que as molestias a veciñanza aumentaron.
No tempo da entrevista o convidado é o decano da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago. Xoán Ramón Doldán, que defende que a excepción enerxética que supón Galicia e a fai excedentaria non debería supor unha baixada das tarifas senón que se compensaría aos galegos nos impostos.