Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 15/02/22
15/02/2022
45:09
Nova traxedia no mar. Un barco pesqueiro asociado ó porto de Vigo, o Villa de Pitanxo, sufriu un naufraxio cando faenaba ó fletán en Terranova.
O barco, segundo as primeiras informacións, pertence ó grupo NORES e tiña 22 tripulantes, 12 deles galegos e o resto sudamericanos e senegaleses. A baliza saltou nas primeiras hora da mañá, pero os servizos de rescate non chegaron á zona ata o mediodía en hora española.
O operativo de rescate coordénase dende Canadá. participa un helicóptero e dous pesqueiros, un portugués e un galego que faenaban na zona, segundo nos contaban dende o Centro de Coordenación de Salvamento en Madrid.