Centos de percebeiros pediron esta mañá ás portas da Xunta en Santiago respecto pros chamados "santuarios" do percebe, fronte á extracción da mexilla. Unha concentración que ten lugar só días despois de que outra protesta, neste caso dos bateeiros, acabase con carga policial.
Desta volta houbo tranquilidade. A mesma que esta mañá atopamos nos centros sanitarios, malia a folga de médicos. Segundo CESM, o sindicato convocante, as gardas estaban cubertas ó cento por cento.
Xa sobre a nova lei de Vivenda, a Xunta vén de solicitar ó Goberno unha conferencia sectorial con tódalas autonomías para abordar o contido do proxeto de lei.
Acabamos de saber ademais que un home morreu esta mañá mentres cortaba leña en Chandrexa de Queixa, en Ourense. As forzas de seguridade traballan para aclarar o sucedido.