Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 15/07/22 15/07/2022 25:06

Os raios provocaron unha decena de incendios en Galicia

A UME reforza o dispositovo do que preocupa máis, o de en Folgoso do Courel, con focos que ameazan vivendas. En Baiona foron desaloxdas 10 casas, e en Carballeda de Valdeorras arderon xa 350 hectáreas

Malestar de usuarios e grupos políticos pola exclusión da conexion de Ourense do plan de gratuidade dos trens

É unha das conexións máis caras da comunidade pero o ministerio non a inclúe entre as beneficiarias.

O BNG lamenta que a resposta da Xunta pola crise de prezos sexa financiar a compra de bicis eléctricas.

Ana Pontón pide medidas que axuden ás clases máis baixas como o aumento das pensión non contributivas, a tarxeta básica ou o incremento da Risga.

Desconvocada a folga na recollida de lixo en Vigo pero segue en pé a de Santiago.

Os traballadores manifetáronse esta mañá e está prevista unha nova reunión entre as partes. Se non hai acordo, a folga empezará o luns, ás portas das festas do apóstolo.

O tempo. Calor e pola tarde poden repetirse as tormentas.

Galicia Informativos
Más opciones