Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 15/10/21 15/10/2021 44:46

Partido Popular e o PSdeG PSdeG pactaron unha iniciativa que reivindica o autogoberno de Galicia e expresa o seu desacordo co independentismo. É un dos poucos acordos entre grupo maioritario e a oposición no pleno do estado da autonomía.

O Goberno encarga un estudo para ver as alternativas a actual ubicación de ENCE. O secretario de estado de Medio Ambiente comprometeu en Pontevedra fondos para o traslado da pasteira.

Os productores de carne de vacún sairán á rúa a protestar polo incremento dos custes de producción. Aseguran que non lles pagan para cubrir gastos.

Protesta contra a proliferación de macrogranxas. A plataforma "Stop Gandeiría Industrial" denuncia a contaminación que producen os seus residuos sobre todo na comarca da Limia

Polémica en Pontevedra pola decisión de habilitar o recinto feiral pra reunións de mozos. O PP cre que fomenta o consumo de alcohol. O concello defende a súa legalidade.

Galicia Informativos
Más opciones