Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 15/10/23
15/10/2023
14:06
Os alcaldes dos concellos afectados polos incendios da Mariña solicitan unha reunión co conselleiro de Medio Rural. Queren analizar os danos ocasionados e concretar unha estratexia de traballo conxunta para afrontar a situación, que deixa máis de 2.100 hectáreas de monte arrasadas. A situación en Trabada e Ribadeo permanece baixo control.
Este 15 de outubro celebramos ademais o Día da Muller Rural. Unha xornada na que son numerosas as voces que claman por máis igualdade, de xénero e de servizos.
Contra ás dúas menos vinte, a entrevista. Hoxe, co secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso