A progresión da pandemia semella ralentizarse un pouco. Por fin hoxe baixamos dos 8.000 contaxios diarios malia que o número de casos con Covid chega aos 72.441.
Este domingo repetiuse en Porto do Son, na praia das Furnas, a homenaxe a Ramón Sampedro, cadrando co 24 aniversario da morte do tetrapléxico galego. Desta volta con máis simbolismo se cadra porque xa entrou en vigor a lei de eutanasia que tanto reclamaba.
E en Vigo esta tarde apáganse as luces de Nadal. Unha iluminación que segundo o alcalde Abel Caballero veron uns 5 millóns de persoas.
No tempo da entrevista, o convidado é o presidente da Confederación de empresarios de Galicia. Juan Manuel Vieites valora positivamente ó recente acordo sobre a reforma laboral pero pide non instrumentalizala ideolóxicamente.