Stellantis anuncia que mañá vai poder retomar a actividade no sistema 1 de montaxe. Non se traballou na fin de semana nin ningún dos turnos deste luns por falta de suministros.
A Xunta asegura que sempre actúa no marco constitucional. Alfonso Rueda responde ó secretario de Estado de Medio Ambiente quen dixo que o borrador do proxecto de ordenación do litoral é como unha declaración de independencia.
Medio Rural comprométese a dispoñer dun orzamento suficiente para atender todas as solicitudes de produtores ecolóxicos. A Consellería de Medio Rural denegou máis do 80 por cento das axudas solicitadas polos agricultores e gandeiros.
Moaña Solar é o proxecto máis importante que se promove en Galicia para o fornecemento colectivo de enerxías renovables. Vaise presentar esta tarde para poder acollerse ás subvencións que outorga o Ministerio de transición ecolóxica.