A loita pola permanencia ou retirada da fábrica de Ence en Lourizán aínda non rematou. Así o interpretan os seus opositores logo de coñece-lo expediente aberto pola Comisión Europea contra España. Bruxelas entende que a lei de costas española, e a súa previsión de concesións de ata 75 anos no dominio público, non cumpre coas garantías dunha selección transparente e imparcial á hora de facer as adxudicacións. O procedemento pode acabar no Tribunal de Xustiza da Unión Europea, a onde os promotores do recurso contra a prórroga da pasteira xa estaban estudando acudir
- Santiago dispón desde hoxe dun regulamento de usos pros pisos turísticos.
A norma restrinxe as novas licenzas aos baixos ou primeiros andares fóra do casco histórico, e limita os alugueiros turísticos de vivendas habituais a dous meses ao ano.
- A CIG denuncia inacción do Sergas ante o aumento das agresións ó persoal sanitario.
Reprochan que non haxa un protocolo claro que protexa ós profesionais ante usuarios crispados pola saturación da atención primaria.
- O BNG propón crear por lei unha Fundación parsa impulsar a ciencia en Galicia.
A formaci apostan por incrementar o financiamento da ciencia e darlle máis estabilidade ó persoal investigador.
- Verín celebra hoxe o tradicional "Xoves de Comadres". Un día especial no que as protagonistas son as mulleres.
Desde o Centro de Información a Muller, reivindican esta celebración feminista e libre de violencias machistas