Galicia garante a administtración da segunda dose de Astrazéneca ós que xa iniciaron a pauta. Lembran que os casos de trombose detectados afectan só a 1 de cada millón de vacinados e piden tranquilidade.
Primeira repunta de casos activos de coronavirus dende finais de xaneiro. Os contaxiados son só 3 máis, e a maioría das áreas manteñen a estabilidade ou o descenso de casos
O vicepresidente da Xunta cre que os datos pode permitir un alivio das restriccións no comité desta tarde.
AS residencias de Domus VI volven ó centro da polémica. A Federación REDe cre que vulneraron a lei de proteción de datos, cun suposto acordo cunha funeraria, que lles pagaba comisións por cada usuario que optase polos seus servizos. Mentres, os traballadores galegos do sector denuncian que o convenio está paralizado.
o Sergas márcase como obxectivo universalizar as consultas por videochamada, sempre que a presencia física non sexa imprescindible.
A dársena do porto de Malpica non é segura. Un informe da Comisión Permanente de investigacións de Accidentes advirte de que a reforma do 2006 reduciu a súa seguridade, e pode ter responsabilidade parcial na morte do patrón do Silvosa, en 2018.
O tempo... Seguimos coas altas presións... A xornada continuará cos ceos pouco nubrados ou despexados, e mañá seguiremos nunha situación semellante.