Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 16/04/23 16/04/2023 30:06

A folga de médicos en Galicia está a piques de cumprir unha semana. Dende o sindicato convocante CESM aseguran que están dispostos a seguir mentres non se acabe cunhas condicións de traballo precarias que repercuten tamén na atención ós pacientes. Hoxe domingo repítese a estampa do sábado, cuns servizos mínimos que chegan para cubrir, na práctica, case a totalidade das gardas.

Polo demais, ambiente pre-electoral, co presidente da Xunta en México, a portavoz do BNG en Suíza e o PSdeG na convención do Partido Socialista en Valencia.
 

Galicia Informativos
Más opciones