Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 16/05/22 16/05/2022 44:45

O Pazo de Raxoi acolleu a toma de posesión dos membros do novo goberno galego encabezado por Alfonso Rueda. No salón Nobre, coa Constitución, o Estatuto de Autonomía e a Biblia presentes, 9 dos 11 representantes tomaron posesión do mesmo cargo que tiñan con Núñez Feijóo.

A nova cara é a de Diego Calvo, que colle o relevo das competencias que tiña Rueda, e convértese ademais en vicepresidente segundo. Non se fará cargo de Turismo, que queda en mans do presidente da Xunta, pero asume Deportes.

A outra novidade: o conselleiro de Economía, Francisco Conde, ascende de vicepresidencia, e ocupa agora a primeira. A maioría xurou o cargo, menos Julio García Comesaña e Diego Calvo, que optaron pola fórmula da promesa.

Galicia Informativos
Más opciones