Volve á normalidade pre-pandemia ás residencias e centros de día galegos. 15 meses despois da declaración da pandemia, elimínanse as restriccións pra actividades, saídas e visitas.
A Xunta pide ós cidadáns máis novos que acudan ás súas citas. Está baixando a asistencia, e non están libres das afeccións máis graves da Covid19. Adiantarase a segunda dose ós maiores de 60 anos que recibiron Astrazéneca.
Segue a caída de casos activos es hospitalizados. A área sanitaria da Coruña é a que máis casos ten, mentres en 208 concellos non houbo ningún contaxio na última semana.
As Universidades comprométense a pactar o novo mapa de titulacións, que cubrirá todo o catálogo de graos e posgraos de España
Ecoloxistas en acción pide á Xunta que paralice as prospeccións mineiras en Santa Comba e Coristanco.
A metade dos accidentes de tráfico están causados pola presencia de animais na vía.
No tempo. Aumenta a inestabilidade. Activada a alerta laranxa por posibles tormentas nas provincias de Lugo e Ourense.