Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 16/11/21 16/11/2021 44:25

Segue a subida de casos, pero a repercusión nos hospitais non é a mesma que en anteriores vagas, grazas ó alto índice de vacinacións. Son os non vacinados, e as persoas con déficits inmunolóxicos, xunto ós que tiñan enfermidades previas, os que ingresan agora nos centros hospitalarios. Un cambio que hoxe estudará a Comisión de saúde pública, coa posibilidade sobre a mesa de muda-los baremos que rixen o cambio a nivel medio de risco. Hoxe Galicia está ó borde de subir a ese nivel, coa incidencia case nos 50 casos por cen mil habitantes. Se o cambio se aproba, quedaríamos aínda na "nova normalidade"

Galicia Informativos
Más opciones